Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Muxía celebrará mañá o primeiro Pleno telemático da Costa da Morte


Esta convocatoria servirá como antesala das futuras sesións, que esperan celebrarse tamén por esta vía .
O Concello de Muxía celebrará mañá a primeira sesión
telemática dun Pleno desde que se decretara o estado de alarma o pasado 14 de
marzo. Esta convocatoria servirá como proba das vindeiras celebracións plenarias,
que esperan celebrarse tamén por esta vía.
O alcalde, Iago Toba, destaca que “non quixemos perxudicar os tempos
administrativos máis do necesario, na situación que estamos a atravesar”. A sesión,
con data 22 de abril de 2020, comezará ás 12:00 horas, e tratanse
maioritariamente temas económicos, como os procedementos administrativos aínda
abertos e dos que cabe tanto dar conta como sacar adiante.
O alcalde, Iago Toba, explica que “este Pleno extraordinario será o primeiro en
celebrarse de xeito telemático en toda a nosa contorna, e sentará precedente. Todo
apunta a que as vindeiras sesión tamén se celebrarán a distancia debido ao estado
de alarma. Quixemos convocalo axiña porque hai procedementos administrativos
que hai que aprobar á maior celeridade”, sinala o rexedor.